miércoles, 18 de marzo de 2009

Como xa case estamos na primavera, SPRING, fermosa estación onde a natureza se luce coas flores, os animais, o sol... todo volve a empezar, a nacer, ... quero dedicarlle este video de "feliz aniversario" ao nacemento de todos os seres vivos... e especialmente dedícollo a Iago, con todo o meu cariño, xa que o 16 deste mes cumpriu nada menos que 9 primaveras. Que cumpras moitos mais, "darling"

martes, 17 de marzo de 2009

Look & listen...


Sempre que empezo coa clase de inglés canto unha sinxela canción para que saiban que a partir dese intre hai que sentarse, escoitar... e todo o que xurda.
Todos a saben e me acompañan facendo os xestos coas mans (o famoso TPR).

numbers again

Esta canción gústalle moito aos nenos e nenas de infantil. Hai moitas versións pero esta que atopei é unha das miñas favoritas.

martes, 17 de febrero de 2009

SONGS (CANCIÓNS)


Como todos sabemos, a música é esencial para os nenos e nenas na súa aprendizaxe. Por eso, en inglés é un recurso moi empregado polos docentes. Existen múltiples espacios adicados á música na rede e aínda que calquera de vós poderá atopar miles de páxinas interesantísimas, eu vou a mostrarvos algunha que emprego nas aulas cos meus alumnos e alumnas e que disfrutan participando delas.
Pinchade na imaxe ou na palabra "SONGS" .

martes, 3 de febrero de 2009

vaia tempo que temos!...the weather

E para facer un repaso do tempo, temos unhas imaxes que os alumnos e alumnas do noso cole van identificando en función do tempo que reflicten:
it´s raining, it´s windy, it´s cloudy!...THE RAINBOW!!!

martes, 27 de enero de 2009

Traballamos as cores

Os nenos e nenas de 3 anos disfrutan moito pintando e aprendendo coas cores.Disfrutan cando as súas mans se manchan coas témperas, e co resultado dos seus traballos. Por eso, agora que xa saben que cor é o yellow, red, blue, green, imos reforzar e a ampliar as cores con este novo personaxe chamado Elmer, o elefante de cores. Para coñecelo aquí temos un video coa súa historia.

welcome to this new way of relationship!

Ola a todos! Eu son a profe de inglés de educación infantil do cole Roxos. Chámome Mari Cruz e a partires de hoxe irei colgando neste blog cousiñas que iremos facendo nas nosas experiencias educativas.
Ó mesmo tempo servirame de práctica para ir explorando esta nova ferramenta e empregando as posibilidades que as novas tecnoloxías nos ofrecen. Eso si, pouquiño a pouco.